Título: Valores para crecer. 15 valores individuales.
Editor: Araújo, Jesús.
Textos: Pujol i Pons, Esteve.
Ilustracións: Cutchet Mercader, Fedra.
Adaptación de relatos: Moreno, Mercé.
Edición: 1ª
Editorial: Parramón Ediciones
Lugar: Barcelona (2009)
Creo que é un libro esencial nas bibliotecas escolares de primaria para estimular e apoiar ao alumnado na construción da súa propia escala de valores.
Son 15 os valores que se abordan: o autocoñecemento; a sinxeleza; a sensibilidade; o optimismo; o autocontrol; a amabilidade; a disciplina; o sentido crítico; a curiosidade; a hixiene mental; a laboriosidade; a autocrítica; a reflexión; a hixiene corporal; e a iniciativa.
O estudo de cada valor empeza cunha breve reseña que explica o seu significado, acompañada dunha frase dun pensador relevante. A continuación, unha narración curta na que se describe unha ou varias situacións cuxo contido está relacionado co valor tratado.
A cada narración séguelle un traballo teórico-práctico, que consta de catro apartados:
1.Comentarios e consideracións sobre a narración e algunhas xeneralidades sobre o valor.
2. Distinguir os falsos conceptos do verdadeiro significado de cada valor e atopar unha definición concisa do que é e non é.
3. Espazo para a autorreflexión a través de preguntas.
4. Exemplos que nos serven para visualizar nosas actitudes.
Recomendable tamén para traballar na casa.
O autor, Esteve Puig i Pons, estudou Maxisterio e Filosofía e Letras e exerceu a súa profesión de mestre durante máis de corenta anos. Actualmente adícase á formación permanente do profesorado e á docencia como profesor asociado da UIC.
Publicou tamén, sobre esta mesma temática, "Valores para la convivencia". No ano 2010, coa súa obra "Pensaments d´un educador", gañou o premio Joan Profitós d´Assaig Pedagógico.

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada